OBXECTIVOS
A elaboración de protocolos familiares e a planificación da sucesión son os puntos centrais deste servizo, que pretende, en concreto:
info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
A elaboración de protocolos familiares e a planificación da sucesión son os puntos centrais deste servizo, que pretende, en concreto:
Regular a situación da empresa familiar para lograr o necesario entendemento, confianza e identidade entre os membros da familia.
Evitar conflitos, discrepancias ou diferenzas no seo da empresa familiar que ameacen a súa continuidade mediante a comunicación, a información e o diálogo.
Obter compromisos de lealdade á empresa e á familia.
Evita a dispersión do capital e do poder.
Establecer as funcións dos distintos familiares, distinguindo entre propiedade e xestión.
Planificar a entrada e a formación dos máis novos e xestionar o coñecemento e experiencia dos maiores.
Determinar a repartición do poder.
Darlle prioridade á empresa fronte aos intereses dos familiares.
A consecución destos obxectivos axudará á empresa a perpetuarse ao longo do tempo e a evitar que un negocio de éxito non sobreviva ao cambio xeracional, consolidando as PEMEs e preparándoas para o futuro, o que constitúe un dos principais fins do programa Re-Acciona.
A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:
Perpetuar a empresa familiar ante os cambios xeracionais sen que se xeren conflitos que ameacen o seu futuro.
Elaborar un protocolo familiar que conte co consenso necesario e que resulte eficaz.
Constituír e regular o consello de familia.
Normas de incorporación dos familiares aos cargos directivos e laborais da empresa e condicións económicas que rexerán a súa relación.
Regular o acceso ao consello de administración.
Adecuar a repartición de dividendos á situación dos diferentes familiares
Regular o réxime económico-matrimonial, de copropiedade e sucesorio no relativo ás accións da empresa, en caso de que resulte necesario.
Establecer normas de transmisión das accións e dos dereitos inherentes a elas.
Planificar a sucesión, a xubilación e o relevo no órgano de administración dos fundadores da sociedade.
O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 8 semanas:
*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.
Un total de 70 horas de consultoría a disposición da empresa para o desenvolvemento do protocolo familiar e das demais actuacións que se consideren oportunas, como a modificación de estatutos, a redacción do testamento do fundador e a súa esposa ou a regulación dun consello familiar, entre outras opcións que se estudarán en función da situación de cada empresa.
Adaptaremos o servizo ás necesidades da empresa familiar para planificar a súa pervivencia no futuro
A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.
As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.
Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17
O servizo desenvólvese a través de: