OBXECTIVO
Competir significa ser eficientes en todos os aspectos da nosa actividade. O servizo pretende dar resposta a un gran reto:
info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
Competir significa ser eficientes en todos os aspectos da nosa actividade. O servizo pretende dar resposta a un gran reto:
Identificación e implantación de melloras cuantificadas orientadas á eficiencia e á redución de custos na cadea loxística: produción, almacenaxe, operacións etc.
A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:
Mellora nos tempos de proceso e diminución dos custos.
Incremento nos niveis de servizo, como os prazos de entrega, ou outros parámetros relacionados co ciclo pedido-entrega.
Redución dos niveis de stocks e produtos obsoletos.
Mellora na planificación e programación das actividades e equipos, picking etc.
Mellora dos niveis de xestión e autocalidade.
Capacitación do persoal da organización para a extrapolación interna de proxectos de mellora no eido da loxística, produción, distribución e almacenaxe.
Mellora das condicións do lugar de traballo.
Aumentar o compromiso do traballador co seu posto.
O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 2 meses:
*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.
O servizo de desenvolvemento de plans de acción ten un custo total asumido polo IGAPE de 5999,18 € que se financia mediante os fondos do rograma Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.
As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.
Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17
O servizo desenvólvese a través de: