OBXECTIVOS
Competir significa comunicar e posicionarnos ben. O servizo pretende dar resposta a tres grandes retos:
info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
Competir significa comunicar e posicionarnos ben. O servizo pretende dar resposta a tres grandes retos:
Construír a imaxe da empresa que queremos ser.
Crear unha comunicación relevante, global, dirixida á acción e en tempo real.
Construír ou mellorar a presenza en liña da empresa.
Ambos os obxectivos apóianse na filosofía transversal do programa Re-acciona: profesionalizar a empresa, neste caso no ámbito da imaxe e a comunicación, e garantirlle que vai contar coas ferramentas necesarias e o grao de autonomía preciso para continuar o proxecto de mellora iniciado.
A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:
Mellora da imaxe corporativa (homoxeneidade e modernización). Formalización do sistema corporativo. Coherencia entre a imaxe proxectada e a comunicación realizada.
Identificación dunha mensaxe única e diferencial baseada no verdadeiro valor da empresa. Planificación estratéxica das accións de comunicación.
Web ou tenda en liña autoxestionable. Mellora do posicionamento en liña. Definición dunha estratexia de redes sociais.
O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 16 semanas:
*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.
Un total de 85 horas de consultoría a disposición da empresa para o desenvolvemento en tres grandes actividades:
Plan de comunicación. Que contar e como contalo?
Deseño dunha nova marca, modernización do logo, manual de identidade e aplicacións, material corporativo -folletos, catálogos, mailing, plotters, lonas, invitacións...-
Deseño-programación web, tenda en liña, SEO, redes sociais, publicidade en liña...
Un servizo modular. A distribución das horas de consultoría adáptase segundo as necesidades reais da empresa.
O servizo de desenvolvemento de plans de acción ten un custo total asumido polo IGAPE de 5808 € que se financia mediante os fondos do rograma Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.
As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.
Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17
O servizo desenvólvese a través de: