fbpx
1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

OBXECTIVOS

Competir significa saber onde estamos e saber cara a onde nos temos que dirixir. O servizo pretende dar resposta a tres grandes retos:

POSICIÓN COMPETITIVA

Determinar a posición competitiva actual da empresa (identificar aspectos para reforzar a competitividade).

RUTAS DE CAMBIO

Definir consensuadamente a ruta ideal de cambio (accións necesarias para a mellora da competitividade).

IMPLANTACIÓN CONXUNTA

Colaborar na implantación das accións de mellora temperá seleccionadas.

RESULTADOS

A posta en marcha do servizo pretende alcanzar algún dos seguintes resultados entre outros:

INFORME DO POTENCIAL COMPETITIVO

Un informe de potencial competitivo da empresa, que permite ademais a comparación con outras empresas ou cun ideal.

PLANS DE ACCIÓN

Dous plans de acción (resultado do consenso do equipo da empresa):

  • Plan de acción de mellora temperá: de inmediata implantación.
  • Plan de acción de melloras a medio e longo prazo: ordenadas e priorizadas.
TITORIZACIÓN

A titorización na implantación das accións de mellora prioritarias.

METODOLOXÍA

O servizo préstase mediante a aplicación dunha metodoloxía de análise contrastada como é o caso da Metodoloxía da Matriz T-H, sustentada nun cuestionario que recolle a totalidade dos aspectos dunha empresa. Os seus resultados poden posicionarse na matriz T-H, avaliando así o seu grao de desenvolvemento competitivo. A partir dese posicionamento, pódese definir a ruta de cambio, así como identificar as accións de mellora máis convenientes. Finalmente, o axente colaborador acompaña tamén o equipo da empresa durante a implantación das accións de mellora temperás. 

FASES

O servizo desenvólvese ao longo das seguintes etapas e comprende aproximadamente unha duración de 12-16 semanas:

*As empresas solicitantes do servizo poderán optar á incorporación dun bolseiro para apoiar o desenvolvemento do proxecto de mellora.

Coñece en detalle os servizos de Reacciona
Díptico do servizo de análise do potencial competitivo
Infografía do servizo de análise do potencial competitivo

ACCIÓNS

Desenvolveranse diferentes accións cos seguintes beneficios:

FOTO DA POSICIÓN COMPETITIVA

Consensuada e referida á dimensión técnica e á dimensión humana.

IDENTIFICACIÓN DE MELLORAS

De carácter estratéxico e operativo.

RECOMENDACIÓNS

Das liñas de apoio existentes no Igape e outras entidades.

COHESIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO

MOTIVACIÓN INDIVIDUAL

PROFESIONALIZACIÓN

INCREMENTO DO COÑECEMENTO

NOVAS COMPETENCIAS

CREACIÓN CULTURA ANÁLISE-ACCIÓN

Analizamos a totalidade dos aspectos dunha empresa para definir a ruta de cambio e identificar as accións de mellora máis convenientes.
2. SOLICITUDE E CONTACTO DO SERVIZO

TARIFAS

O servizo de análise do potencial competitivo ten un custo total asumido polo IGAPE de 2964.50 € (A Coruña), 3164.15 € (Pontevedra), 4.301.55 (Lugo – Ourense), que se financia mediante os fondos do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A empresa cofinancia co aboamento da súa correspondente tarifa unha parte do custo total do servizo.

  • Tarifa A

  • 129.
    • Micropemes e persoas autónomas
    • (de 1 a 9 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 2 millóns de euros)

  • Tarifa B

  • 194.
    • Pemes integradas nun clúster
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 10 millóns de euros)

  • Tarifa C

  • 258.
    • O resto de pemes solicitantes
    • (de 10 a 249 persoas traballadoras)
    • (volume de negocio ou balance inferior a 50 millóns de euros)

As empresas que tiveran finalizado un ou varios servizos do mesmo tipo nos dous anos anteriores á solicitude aplicaráselles un incremento no seu cofinanciamento crecente dun 20% por cada un dos servizos do mesmo tipo reiterados nese período.

Pode consultar o importe total do servizo (a parte asumida polo Igape e a parte pola empresa) no DOG-7-07-17

AXENTE COLABORADOR

O servizo desenvólvese a través de:

Provincia da Coruña:
Provincias de Lugo e Ourense:
Provincia de Pontevedra:
      • Empresa: OBZ Consulting
      • Teléfono: 881 977 196
      • Fernando Picón
      • fpg@obz.es