fbpx

Re-acciona Covid-19

Capacitar as pemes ante os novos retos do mercado

A pandemia mudou o contexto económico e, polo tanto, as empresas necesitan fortalecerse neste novo escenario. Para iso, o Igape ofrece novos servizos dentro do programa Re-acciona. Cunha dotación de 3’6 millóns de euros os novos  servizos modulares de asesoramento especializado, teñen como obxectivo axudar ao tecido empresarial a reforzar a súa posición de partida, a abordar novos mercados e a impulsar a súa aposta pola economía circular.

 

Estes novos servizos están financiados no marco do eixo REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia  2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de covid-19

Cales son os novos servizos Re-acciona para afrontar a COVID-19?

Novos servizos, mesma filosofía Re-acciona:

Consecución de resultados

Desde o comezo defínense uns obxectivos, que se fan tanxibles ao rematar o servizo. Deste xeito, empresa coñece, dende o inicio, que pode esperar coa súa posta en marcha.

Aprendizaxe e autonomía

Os servizos están deseñados con carácter práctico e buscan que a empresa se adapte ao novo contexto económico. Para iso o acompañamento na execución e a formación que se imparte durante o servizo é clave para conseguilo.

Acompañamento

Os servizos desenvólvense de maneira guiada polo axente colaborador, que en todo momento está a disposición da empresa durante a duración do servizo.

Cada servizo constará de tres fases:

Formación e sensibilización + análise + implantación

Quen pode solicitar os novos servizos COVID-19? Requisitos:

Pequenas e medianas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica.

Que como mínimo conten con 3 persoas traballadoras (inclúes no cómputo socios/as traballadoras)

Desenvolver a actividade en Galicia, polo menos, ter un centro de traballo na comunidade

Que a facturación no 2020 sexa inferior a facturación do ano anterior 2019 polo menos nun 10%

O programa ampárase no regulamento xeral de minimis, así coma nos regulamentos específicos de minimis para os sectores da pesca e acuicultura e para o sector agrícola.

Como solicitar un servizo Re-acciona COVID-19?

  1. Selecciona o servizo que se adapta ás túas necesidades
  2. Elixe entre as entidades colaboradoras do Igape dispoñibles quen queres che preste o servizo
  3. A entidade colaboradora que selecciones será o que presentará a solicitude da axuda ante Igape e executará o servizo. Ademais, che informará durante todo o proceso da súa evolución e encargarase da xustificación da axuda recibida á finalización.

Coa solicitude dun servizo Re-acciona Covid-19 te comprometes a executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención e colaborar co axente colaborador do Igape que preste o servizo, achegándonlle toda documentación requirida.

Cal é o custo do servizo para o beneficiario?

Prezo fixo de 600 euros a aboar polo beneficiario. No caso de que o beneficiario poida recuperar o IVE o custo será de 600 € + IVE. Cada servizo ten un custo total de 10.000 euros. A diferenza entre o custo e o aboado polo beneficiario, é o cofinanciamento realizado polo Igape.

Ata cando se pode solicitar?

O prazo está aberto dende a plublicación no DOG e ata o 15 de novembro de 2021 (agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito).

* Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas ás mesmas actuacións.

Réxime de concesión: simple, as solicitudes vanse seleccionar atendendo á orde de presentación.