info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
Lean no contorno 4.0, organización e tecnoloxía. Identifica o teu itinerario da túa organización.
A industria 4.0 non é un paquete de software a implantar, senón unha transformación da empresa tanto no tecnolóxico como no organizativo, todo cambia. A decisión de camiñar cara á industria 4.0 é estratéxica, de longo alcance e impacto, que require a integración das súas tecnoloxías base na cadea de valor. Cada empresa debe definir a súa propia folla de ruta. A industria 4.0 non substitúe ao Lean Manufacturing, senón que o complementa, por tanto nesta formación, farase especial fincapé na dualidade organización/industria 4.0, axudando a detectar os pasos inmediatos para cada organización, nos seus aspectos organizativos e tecnolóxicos para alcanzar a industria 4.0.
Ademais, informarase aos asistentes dos programas de axudas que dende o Igape estanse a promover neste ámbito técnico.
Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas do sector industrial, produción e fabricación, o Igape convídao á xornada técnica Re-acciona TIC que terá lugar o vindeiro martes 26 de xuño de setembro nas súas instalacións en Santiago de Compostela.
// 9.15 Recepción de asistentes
// 09.30 Introdución e presentación da Xornada
Paz López Moure. Técnico. Team&Time
// 09.40 Relatorio
A industria 4.0 e as súas tecnoloxías habilitadoras
Carlos Rodríguez González. Técnico. Team&Time
// 11.00 Pausa café
// 11.30 Relatorio
Ferramentas organizativas Lean para abordar o reto da Industria 4.0 e a súa aplicación na empresa
Juan Carlos Moral González. Técnico. Team&Time
// 13.00 Relatorio
Diagnóstico da Industria 4.0
Paz López Moure. Técnico. Team&Time
O programa Re-acciona e Re-acciona TIC
Servizo de mellora da produción e da cadea loxística
Servizo de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0
// 13.30 Finalización da xornada técnica
Tel. 981 978 786 / 674 624 747
Santiago de Compostela. Igape. San Lázaro s/n