info.reacciona@igape.es - Tel: 981 93 93 93
As solucións do Big Data permiten a recompilación e a análise a gran velocidade de inmensos volumes de datos de todo tipo, co obxectivo de coñecer mellor o cliente. A velocidade desta transformación é unha das máis elevadas debido ao seu inmenso potencial, polo que é vital coñecer como afecta esta dixitalización á peme e como pode impulsar o tecido empresarial da nosa comunidade.
Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector, o Igape e a Amtega convídano á xornada sectorial Re-acciona TIC que terá lugar o vindeiro mércores 26 de abril nas instalacións de Gradiant (Edificio Citexvi, Campus Universitario de Vigo – 36310), en Vigo.
// 10.00 Presentación institucional
Luis Pérez. Director Xeral. Gradiant
Representante. Cluster TIC
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP
Jaime Vázquez Oliván. Departamento de Innovación Tecnolóxica. Amtega
// 10.10 Relatorio marco
Axudando a descubrir o valor dos datos
Guillermo López. CEO & Co-founder. Torusware
// 10.30 Caso de éxito de Re-acciona
Experiencias Re-acciona
Santiago Cabaleiro. Responsable de Valor de Persoas. Grupo Visual MS (Gañadora dos Best Workplaces 2017)
Enrique de Miguel.CEO.2MARES
// 11.00 O programa Re-acciona TIC: servizos para o fomento da economía dixital nas pemes
Eladio Otero. Xefe de Innovación Tecnolóxica. Amtega
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP
// 11.20 Rolda de preguntas
// 11.40 Networking