fbpx

Xornada de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0

Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Xornada de divulgación tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0

09/02/2017 @ 09:30 - 10:45

1

Proporcionar ás PEMES o acceso ás tecnoloxías facilitadoras, en concreto á computación avanzada (HPC) é unha prioridade das políticas europeas, nacionais e rexionais. GAIN a través do CIS GALICIA e o CESGA, traballan dende 2015 no deseño de actuacións conxuntas para impulsar o uso da computación e facilitar ás PeMES o acceso a esta tecnoloxía chave para a industria 4.0.

Neste marco de colaboración, desenvolveranse actividades de divulgación, formación, demostración e servizos para apoiar ás PeMES no seu proceso de incorporación de Tecnoloxías 4.0, ofrecendo ás PeMES a posibilidade única de utilizar infraestruturas de supercomputación e procesado masivo de datos para proxectos de mellora empresarial e para proxectos de I+D+i.

Paralelamente, o IGAPE e a Amtega a través do programa Re-acciona TIC, presentan un servizo de apoio económico para mellorar a competitividade das empresas a través de sete servizos TIC, un deles o de “Xeración de Modelos e Simulación Industrial”.

DIRIXIDA A…

Persoal directivo e responsables de departamentos de empresas de tódolos sectores (xerentes, responsables de produción, responsables de oficinas técnicas, etc).

PROGRAMA

// 09.30 Presentación institucional

  • Servizos do CESGA e GAIN-CIS Galicia para o impulso da matemática industrial e a computación nas PEMES.
  • Servizos Re-acciona TIC de mellora competitiva para PEMES galegas: Xeración de Modelos e Simulación Industrial.

// 09.45 Relatorio 

Simulación numérica e análise de datos. Beneficios para a PEME.

CESGA

// 10.00 Relatorio 

Tecnoloxías necesarias: hardware, software e aplicacións. Requirimentos para a súa implantación. 

CESGA

// 10.15 Casos reais de empresas que xa apostaron pola implantación destas tecnoloxías.

CESGA

// 10.30 Casos de éxito cara unha industria 4.0 grazas ás tecnoloxías Big Data & MSO (Modelización, Simulación e Optimización).

ITMATI

// 10.45 Servizo Re-Acciona TIC de Xeración de Modelos e Simulación Industrial.

SOLTEC. Axente colaborador do programa Re-acciona TIC

 


Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0
Bergongo. Asociación de empresarios de Bergondo.
Correo: cisgalicia.gain@xunta.es // Tel. 981 337 133

Details

Date:
09/02/2017
Time:
09:30 - 10:45
Event Tags:
,

Venue

Asociación de Empresarios de Bergondo
C/Parroquia de Guísamo
Bergondo, A Coruña
+ Google Map