fbpx

Agora é
o teu momento

 

 

O Igape, Gain e Amtega ofertan a realización de servizos de mellora competitiva a pemes galegas co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Como é o proceso de solicitude dun servizo?

Detección de interese

Quince servizos Re-acciona dispoñibles. Infórmese co agente colaborador da idoneidade do servizo segundo as súas necesidades.

Presenta a túa solicitude

Cubre o formulario en liña.

Resolución

Poñerémonos en contacto para comunicarche a resolución do servizo e poder comezar a súa execución.

Como cubro o meu formulario de solicitude?

Accede á oficina virtual do Igape, http://tramita.igape.es, e pulsa en “Confección de solicitudes
-Cuestionarios-”
(se non é usuario da web do Igape, pediránselle uns datos básicos de rexistro).

Identifica a túa empresa
(só se é a primeira vez que fas unha solicitude no Igape).

Selecciona o programa
Re-acciona
 
na pestana de axudas, mediante o formulario en liña “IG190.2022.1”

Cubre o formulario de solicitude, seleccionando o servizo desexado, e presenta a túa solicitude (telematicamente).

Se desexas ampliar información ou tes dúbidas no proceso de inscrición,
ponte en contacto connosco.