fbpx

A figura do freelance e a vantaxe competitiva para a miña empresa

A figura do freelance e a vantaxe competitiva para a miña empresa

O número de persoas autónomas medra grazas ás novas tecnoloxías.

Esta tendencia, ofrece un gran potencial de crecemento para os negocios xa que a contratación de freelance permite avanzar con proxectos importantes a un menor custo e cunha maior axilidade. Por iso, a contratación deste tipo de traballadores ofrece vantaxes das que se poden beneficiar as pemes:

Conseguen unha maior rendibilidade para a empresa: unha das principais características deste tipo de traballadores é que son eles os que xestionan os seus propios recursos. Non necesitan que se lles facilite nin espazo traballar nin tampouco material. Ademais, tampouco implican cargas contractuais pois a flexibilidade de contar con estes profesionais é maior que a dun traballador na que a relación contractual é mais limitada.

Son profesionais cualificados: grazas a un traballador freelance, terás profesionais especialistas na súa materia preparados para realizar exactamente o que necesita o negocio.

Proporcionan unha nova visión máis obxectiva: a súa especialización permite obter unha visión diferente e máis actual da empresa. Ademais, grazas á variedade de clientela que teñen estes profesionais poden ofrecer unha visión mais obxectiva do negocio.

Traballan orientados a obxectivos: ao traballar por proxectos, para tarefas concretas tenderán a optimizar mellor o seu traballo, pois a súa avaliación tamén dependerá do resultado e non das horas traballadas.

Conséguese unha comunicación directa: aquí non hai intermediarios da cadea de mando, só estarán o traballador autónomo e a persoa encargada de proporcionar as ordes de traballo, por iso, a comunicación será mellor.

En definitiva, atopámonos nun proceso de grandes cambios liderados polas novas tecnoloxías. Xorden novas tendencias sobre as formas de traballo e a modalidade de freelance é unha de delas.

Ademais, polas propias condición destes profesionais, fan do traballo autónomo unha das mellores opcións de emprego para a era dixital, permitindo ás empresas beneficiarse das vantaxes de afrontar determinados proxectos a menores custos e de maneira máis flexible.