fbpx

As empresas familiares, a que problemáticas se enfrontan?

As empresas familiares, a que problemáticas se enfrontan?

As empresas familiares representan máis do 90% do tecido empresarial galego. Cales son as principais dificultades ás que se enfrontan este tipo de negocios?

-O contraste xeracional; é dicir, o xeito diferente de levar a cabo a xestión do negocio entre as persoas máis maiores e os máis novos da familia. Isto pode dar lugar a conflictos. Por iso, o diálogo e o entendemento son necesarios entre as partes.

-A falta dun protocolo de actuacións ante diferentes circunstancias que se poden dar. É algo moi habitual nas empresas familiares, polo tanto, o ideal sería que todo estivese rexistrado.

-A falta da planificación da sucesión cando cambia a dirección da empresa. Chegados a este aspecto, cómpre establecer como vai ter lugar a sucesión, en que momento e que persoa vai quedar ao mando da empresa.

-A mestura entre o familiar e o laboral. Non cabe dúbida que a emoción é un sentimento común nestes tipo de empresas e polo tanto, a mestura de ámbolos dous ámbitos e isto é algo que vai influir de xeito negativo na xestión do negocio.

-Non saber delegar: nas empresas familiares prima o trato próximo coa clientela, polo que non adoita abundar a delegación de funcións e de responsabilidades.

-A asignación de responsabilidades: debido á confianza entre as diferentes partes, non se adoita pactar cales son as tarefas de cada unha e como se deben repartir os beneficios, de xeito que non se establecen límites e garantías no caso de que se xere algún tipo de conflito.

E ti, tes un negocio familiar? aínda estás a tempo de cambiar as cousas!