
19 Apr E ti, que tipo de líder es na túa empresa?
Os equipos necesitan dun líder. Os valores que teña esa persoa, o seu xeito de traballar e o seu comportamento serán fonte de inspiración para o resto do cadro de persoal.
En termos xerais, é posible distinguir 5 tipoloxías de liderado: o autocrático, o democrático ou participativo, o tranformacional, o delegativo e o liderado transaccional. O estilo autocrático é o máis común nos negocios e o transformacional, o máis desexado polos empregados.
Segundo Infojobs, un de cada 3 traballadores di traballar baixo un modelo de dirección autocrático. Un estilo clásico e unidireccional no que o xefe concentra o poder e non se desafían as súas decisións. Menos dun 3% das personas no noso país quere un estilo de liderado autocrático. Son datos dun estudo realizado pola plataforma para determinar cal é o modelo de liderado máis habitual en España.
O segundo estilo de liderado que domina nas empresas é o democrático ou participativo. Case o 30% dos enquisados afirma vivir este tipo de liderado no seu traballo. Neste caso, o líder promove o diálogo entre o equipo pero a decisión final sempre é do superior.
Pola súa parte, o liderado transformacional consiste nun tipo de dirección centrado no capital humano, onde se reta, motiva e valora aos equipos. É una xestión que potencia o compromiso e a implicación das persoas nos proxectos.
No liderado delegativo, as persoas empregadas, con moita experiencia, necesitan menos supervisión para seren productivas e, polo tanto, o líder non intervén nin controla. É o estilo que concede maior liberdade aos membros do seu equipo.
Por último, temos o estilo transaccional. É un sistema de dirección baseado nas transaccións para liderar ao equipo, é decir, en procesos de intercambio. Neste caso, os traballadores reciben premios polo seu desempeño laboral e ao tempo, o líder se beneficia de que se cumpran as tarefas ou os obxectivos. Este tipo de liderado é frecuente nos equipos de vendas, nos que a motivación se logra con comisións.
A que modelo responde o teu xeito de liderar?