fbpx

Como melloro a competitividade en liña da miña empresa en 9 pasos?

Como melloro a competitividade en liña da miña empresa en 9 pasos?

A competitividade é unha incesante loita para as pemes. O asunto complícase cando tratamos de abordar a competitividade en liña. E é que xa non só loitan contra opoñentes locais, rexionais ou nacionais.

Con internet as barreiras rompen, o mercado globalízase e, por tanto, a pugna amplíase, de tal maneira que calquera empresa de calquera parte do mundo convertese nunha seria competidora.

Neste contexto, que debo ter en conta?

1.- Definir unha estratexia clara:é o primeiro paso e o máis importante. É a folla de ruta de calquera plan ou acción. Debe estar perfectamente definida e orientada á consecución dos obxectivos marcados. Así mesmo, ten que ter un carácter práctico, para que poida desenvolverse e comunicarse eficazmente.

2.- Análise dos competidores: identificar quen son, que e como comunican. Todo. Has de saber cales son os seus puntos fortes e os débiles para reforzar os da nosa empresa.

3.- Potenciar as diferenzas: é importante saber buscar e aproveitar os feitos diferenciais da nosa peme. Se sabemos aproveitar o que nos diferencia para ofrecer un valor engadido aos clientes, teremos a metade do camiño gañado!

4.- Seleccionar o target: cómpre ter moi claro quen son os nosos clientes. É dicir, que é o que nos fai gañar diñeiro. Cómpre segmentar, identificar e concentrar os esforzos. Só así obteremos un mellor posicionamento e rendibilidade.

5.- Os clientes sempre teñen a razón: deben ser sempre o centro da estratexia, pois son os que van decidir se elixen a nosa empresa. Na actualidade, e sobre todo no mundo en liña, menos é máis.

6.- Investimento en SEO: se non estamos en Google, non existimos. Poñerse en mans de especialistas, lonxe do que todos pensan, sae máis barato. Este non é un traballo que poida facer o fillo do amigo, por moi experto que sexa en RRSS.

7.-Fuxir do autobombo en redes sociais: a competitividade en liña depende, en gran medida, do que os demais falen de ti. A estratexia en RRSS debe ir orientada a xerar tráfico á web e a crear unha imaxe boa. Isto aumentará as vendas. Ter presenza en redes sociais non supón hoxe un feito diferenciador. Non basta. É hora de dar un plus de calidade e profesionalidade aos vosos perfís.

8.- Vixiar os prezos da competencia: é un dato moi importante, posto que se non ides poder ofrecer un prezo máis baixo, teredes que ser o mellor noutros aspectos importantes para o voso target. Hai que gardarse sempre na manga a resposta á seguinte pregunta: por que teño que comprarvos a vós?

9.- Unha imaxe vale máis que mil palabras, sobre todo en internet, o rei do audiovisual. Ter unha imaxe corporativa, atractiva, coidada e adecuada ás nosas necesidades é vital.