
05 Apr Impulsar a miña empresa a través da innovación. Por que me favorece?
As pequenas e medianas empresas adoitan centrarse na idea coa que comezaron a súa actividade e esquecen incorporar na súa estratexia o factor da innovación.
Unha das razóns fundamentais pola que as empresas non innovan, ten que ver cos riscos cos que se poden atopar, o que supón un freo para conseguir unha vantaxe competitiva.
Estes riscos poden ir dende carecer de financiamento, ata que o novo produto ou servizo non teña unha boa acollida no mercado ou que se requira dunha gran concentración de recursos.
A innovación na empresa pode ter lugar de diferentes maneiras, a través dun novo produto ou servizo ou da creación dunha nova tecnoloxía ou técnica produtiva. Deste xeito introducimos algo novo no mercado e conseguimos xerar valor e beneficios, non só para nós, senón para tamén para a sociedade.
Polo tanto, como negocio que quere crecer, debemos recordar os beneficios que lle achega á empresa o fomento da innovación:
-As necesidades dos clientes son cada vez máis cambiantes, polo que resulta necesario adaptarse e responder de forma rápida para ofertar, antes que a nosa competencia, os diferentes produtos e cubrir as súas peticións. Deste xeito, conseguimos a satisfacción dos clientes, dándolles o que buscan en cada momento, adiantándonos ás tendencias mercado.
-É unha boa forma de non relaxarse como negocio e de afastarse da zona de confort.
-A experiencia e a aprendizaxe que nos achega supón unha ferramenta para aprender dos erros, así como unha boa alternativa para obter novas ideas. Ademais, permite aproveitar o potencial do noso equipo de traballo á hora de contribuír con creatividade e talento.
-A innovación poder converternos nun referente como empresa e asegurarnos unha posición estratéxica no mercado. Ademais, ofertar un produto ou servizo innovador supón un impulso da nosa marca fronte á competencia e cara aos consumidores.
-A vantaxe competitiva, ao ser pioneiro fronte os competidores ofrecendo as novas tendencias. Cunha cultura empresarial máis innovadora proxectamos na sociedade unha imaxe e unha reputación innovadora e creativa.
Este proceso non só debe ser a nivel interno, debemos aproveitar as ideas que poidan vir de fóra da empresa. Cómpre ter en conta que a innovación require un esforzo e implica unha continuidade nas estratexias empresariais.