fbpx

Ángel Denche, de Expertos LOPD: “Re-acciona permitiunos ampliar a nosa carteira de clientes”

Ángel Denche, de Expertos LOPD: “Re-acciona permitiunos ampliar a nosa carteira de clientes”

Unha mellora da competitividade, máis presenza na rede e lograr novos clientes.

Son os principais resultados que destaca Ángel Denche, da empresa Expertos LOPD, logo de solicitar o servizo Deseño dunha estratexia de marketing de contidos, do programa Re-acciona.

“Ata ese momento todas as nosas accións de marketing dixital realizábanse de xeito inconexo. Entedimos que para competir mellor no mercado era necesario contar cunha estratexia propia e subirnos, así, ao tren da dixitalización, tal e como estaban facendo outras empresas do noso sector”, explica Ángel Denche.

Para iso, o axente colaborador de Re-acciona analizou como eran as accións que se realizaban en Expertos LOPD: “a partir de ahí, elaboraron contidos para a nosa páxina web e para os nosos perfís en redes sociais; tamén nos indicaron cal era a estratexia que debíamos seguir a longo prazo”, detalla Ángel Denche.

E os resultados xa son moi evidentes! Expertos LOPD comprobou que xa aumentou o número de visitas á súa web e as súas interaccións nas redes sociais.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.