
22 Mar José Antonio Pazos, de Clínicas Pazos y Couto: “Con Re-acciona gañamos axilidade, agora temos acceso aos historiais dos pacientes das diferentes clínicas”
Certificar que os procedementos que realizan nas súas clínicas se desenvolven do mellor xeito posible. Ese é o obxectivo que tiñan en Clínicas Pazos y Couto, de Santiago de Compostela, cando solicitaron o servizo Preparación de procesos certificables, do programa Re-acciona.
“A nosa idea sempre é a de evolucionar, mellorando todos os procesos”, explica o director das clínicas, José Antonio Pazos, “e para iso necesitábamos de alguén externo que nos axudara”. Durante o proceso, o axente colaborador de Re-acciona recabou toda a información necesaria para analizar o traballo nas clínicas.
Un dos resultados máis destacados dese traballo conxunto é o cambio do seu sistema de xestión. Grazas a isto, agora en Clínicas Pazos y Couto dispoñen de accesos aos historiais de todos os seus pacientes en todas as clínicas.
Deste xeito, a empresa gañou en axilidade e evitan erros que antes se producían no seu día a día. “Todos os nosos traballadores son os artífices de ter conseguido estes logros”, engade José Antonio Pazos.
Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.