fbpx

Eva Otero, de Tradisco: “Con Re-acciona adaptamos o noso modelo de negocio aos novos tempos”

Eva Otero, de Tradisco: “Con Re-acciona adaptamos o noso modelo de negocio aos novos tempos”

A chegada da pandemia fixo que a dixitalización se convertese nunha prioridade para Tradisco.

A empresa, que ofrece solucións técnicas constructivas, estaba convencida de que para adaptarse ao novo contexto de incerteza, era imprescindible adaptar o negocio aos novos tempos. Por iso, Tradisco solicitou o servizo Definición dunha estratexia dixital.

“A nivel dixital estábamos estancados”, explica Eva Otero, “e da man do axente colaborador do Igape obtivemos un diagnóstico, unha análise do punto no que estábamos”.

A partir de ahí, Re-acciona creou para Tradisco unha estratexia dixital propia, un novo xeito de pensar da empresa: “definimos os perfís de quenes son os nosos clientes, e implementamos as accións que eran máis necesarias. É dicir, traballamos a nosa marca persoal, os perfís en redes sociais, a páxina web”, detalla Eva.

Por outra parte, a entidade colaboradora do Igape realizou un seguimento e un acompañamento para poder implementar a estratexia dixital da empresa.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.