
15 Mar 24/03/2022 Como vendo en tempos de incerteza? A estratexia comercial é a clave
Posted at 10:58h
in Eventos
A convocatoria do programa Re-acciona está aberta ata o 8 de ABRIL.
Son un total de 15 servizos para axudar a mellorar a competitividade da túa empresa.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O xoves, 24 de marzo, ás 12:30 horas, ofrecemos as claves para que o teu negocio poida vender nestes tempos de incerteza.
Será da man de Pisa Proyectos de Innovación e Exportrends.
Tamén podes realizar as túas preguntas a través do chat.