fbpx

Ignacio Duaso, de Disiclín: “Co servizo Re-acciona logramos aumentar a nosa produtividade nun 30%”

Ignacio Duaso, de Disiclín: “Co servizo Re-acciona logramos aumentar a nosa produtividade nun 30%”

O director-xerente de Disiclín afirma que o programa Re-acciona superou amplamente as expectativas que tiñan na empresa; e non é para menos. No seu caso, logo de recibir o servizo Optimización da produción e a cadea loxística, conseguiron un aumento da produtividade do 30%.

“Tíñamos un problema, nas áreas de fabricación e de envasado, relacionado coa orde e coa limpeza en xeral, esas deficiencias son as que nos levaron a solicitar o servizo”, explica Ignacio. Da man de Re-acciona, Disiclín implantou un sistema 5S, un proxecto baseado na eliminación de todo o innecesario e na definición do lugar máis axeitado para ubicar cada un dos elementos.

Entre os beneficios conseguidos, Ignacio destaca “unha contorna máis limpa e ordeada, segura para as persoas traballadoras e en definitiva, un espazo máis produtivo. Era o obxectivo principal que buscábamos”.

O xerente de Disiclín engade que Re-acciona foi o xermolo para estender esta mellora a ao conxunto da empresa: “agora xa estamos traballando sobre os almacéns de materias primas e sobre os produtos finais exactamente coa mesma metodoloxía que nos aportou este programa cofinanciado pola Unión Europea”.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.