fbpx

O luns, 7 de marzo, abre unha nova convocatoria do programa Re-acciona

O luns, 7 de marzo, abre unha nova convocatoria do programa Re-acciona

A túa empresa ten unha nova oportunidade para solicitar as axudas económicas de Re-acciona, ofertadas polo Igape, Gain e Amtega para que poidas adaptarte ó novo contexto empresarial.

O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A dixitalización, a innovación, a profesionalización ou a estratexia, cal é a túa necesidade?

A convocatoria de Re-acciona pivota sobre:

-Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.

-Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.

-Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade. Tamén é posible conseguir solucións de xestión empresarial en mobilidade.

-Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.

Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto dende o luns, 7 de marzo, e ata o 8 de abril. 

Consulta as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.

A solicitude debe realizarse a través da oficina virtual do Igape.