fbpx

Orlando Cotado, de Abica Concepts: “Logramos 8.000 seguidores novos no noso perfil de facebook en menos de 3 meses”

Orlando Cotado, de Abica Concepts: “Logramos 8.000 seguidores novos no noso perfil de facebook en menos de 3 meses”

Aumento da notoriedade das súas marcas, chegar a moita xente e unha mellora clara da competitividade.

É o balance que fai Orlando Cotado de Abica Concepts, un grupo hostaleiro beneficiario do programa Re-acciona, concretamente recibiron o servizo Definición dunha estratexia dixital.

A empresa, con presenza na cidade da Coruña, está impulsando o seu crecemento noutros puntos de España e tamén no estranxeiro. Polo tanto, o feito de contar cunha estratexia dixital era clave  para ofrecer un discurso único: “necesitábamos axuda para estruturar todo o noso contido en liña e dotalo de sentido trala apertura de dous novos locais en Madrid”, explica Orlando Cotado.

O balance do traballo realizado con Re-acciona é moi positivo, xa que en tan só 3 meses, lograron 8.000 novos seguidores no seu perfil de facebook. “Sentímonos acompañados en todo momento. A consultora elaborou unha estratexia a seguir e tamén estivo con nós á hora de estruturar as páxinas webs, de definir os perfís das redes sociais e na súa posta en marcha”, apunta Orlando. Ademais engade que “Re-acciona aportounos unha estrutura base a partir da que poder ramificarnos e medrar”.

Máis detalles na canle de YouTube Igape Competitividade.