
01 Feb Juan Romay, de Xercode: “Re-acciona mellorou a calidade dos servizos que ofrecemos aos nosos clientes”
O risco de sufrir un ciberataque tripliouse durante a pandemia.
Esa realidade animou á empresa Xercode a solicitar un dos servizos do eixo de Dixitalización do programa Re-acciona: “o servizo que recibimos foi unha oportunidade para mellorar a seguridade do noso negocio da man dunha empresa especializada na materia”.
Son as palabras de Juan Romay, de Xercode, que no seu caso solicitaron o servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguride, cofinanciado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega): “pero a mellora na empresa foi máis alá do apartado da seguridade, xa que tamén se reforzou o noso nivel formativo e a calidade dos servizos que ofrecemos aos nosos clientes”.
Para logralo, o proceso constou de varias fases. En primeiro lugar, definiron o alcance que ía ter o proxecto. Posteriormente, analizaron os riscos posibles e finalmente, implantaron a folla de ruta para implementar os cambios que necesitaban.
Podes atopar máis detalles na canle de YouTube Igape Competitividade.
E se queres beneficiarte deste servizo, lembra que a convocatoria está aberta ata o vindeiro 4 de MARZO. Consulta aquí toda a oferta de servizos.