
25 Jan Optimiza o teu negocio e reduce custes a través da dixitalización
O salto cara a dixitalización é indiscutible.
Re-acciona inclúe un servizo que che axuda no camiño, é o de Definición dunha estratexia dixital da empresa, con este servizo vas facer unha análise do teu negocio, avanzarás na detección de oportunidades dixitais e no desenvolvemento dunha planificación do cambio que precisas.
Este servizo inclúe varias accións; entre elas, unha avaliación da madurez tecnolóxica que ten a túa empresa. Por outra parte, realizarase unha clasificación do teu negocio en función do teu nivel de dixitalización actual. Ademais, vaise deseñar unha estratexia dixital e tamén a folla de ruta para que avances na túa dixitalización.
As accións do servizo Definición dunha estratexia dixital da empresa van máis alá. Poderás identificar posibilidades tecnolóxicas concretas así como establecer ferramentas dixitais que se adapten ás túas necesidades e obxectivos.
Un aspecto moi destacado é que durante a implantación de todas estas solucións, a túa empresa estará acompañada polo axente colaborador de Re-acciona.
Que beneficios obterá a túa empresa? cómpre destacar o feito de que adquirirás novas habilidades que che van permitir o aproveitamento de oportunidades. Por outra parte, lograrás un aforro dos teus custes, aumentarás a túa rapidez de resposta e, sobre todo, a túa empresa estará plenamente adaptada ó mercado.
O mundo dixital avanza imparable, queres que a túa empresa evolucione da súa man? Non agardes máis e consulta os detalles de Definición dunha estratexia dixital da empresa.
O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 28 de XANEIRO. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.