
04 Jan Úrxenche cambios no xeito de facer as cousas na túa empresa?
A túa empresa precisa identificar novos mercados? Ou pola contra, queres establecer novas liñas de negocio?
A situación excepcional a raíz da COVID-19 trae interrogantes para o tecido empresarial. Se na túa empresa xorden dúbidas pero non sabes por onde avanzar, o máis probable é que precises de apoios externos para marcar o camiño que debes seguir.
A realidade que nos tocou vivir obriga ás empresas a levar adiante proxectos de mellora para dar respostas ós retos do mercado. A achega de coñecemento externo, xunto con metodoloxías e ferramentas de traballo é necesaria para promover o cambio que necesitas. Pero moitas pemes teñen dificultades á hora de accederen a servizos adaptados ás súas necesidades. Xa sexa polo custe dos servizos ou pola incerteza dos resultados, os proxectos de mellora non sempre chegan a bo porto. Por iso, a nova convocatoria do programa Re-acciona pode axudarche a conseguilo!
Como? A través dun dos seus servizos: Proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
A rutina empresarial provoca que, durante moito tempo, fagamos as cousas do mesmo xeito e non logramos as expectativas agardadas. Pero… e se a saída estivese en descartar algunhas das túas liñas de negocio actuais? Quizais o teu problema podería solucionarse apostando por un redeseño na proposta dos servizos ou produtos que ofreces ou incluso, na identificación de novas canles de comercialización.
Neste camiño pode axudarche un dos axentes colaboradores de Re-acciona, DPI Estrategia. Da súa man poderás definir os obxectivos que precisa a túa empresa, o camiño que tes que seguir para alcanzalos e, o máis importante, implicando ó teu cadro de persoal en todo este proceso. Que beneficios obterás? Son moitos, pero o máis importante é que terás un roteiro claro para alcanzar as metas da túa empresa.
Queres conseguilo? Pois non agardes máis!
Ata o 28 de xaneiro podes solicitar as axudas de Re-acciona. Consulta tódolos servizos que están dispoñibles!