
21 Dec Piergiuseppe Lasalandra, de Edafotec: “obtivemos ferramentas que van mellorar a posición da empresa a nivel internacional”
Custodiar e garantir o coñecemento que se xera nas empresas é fundamental para ser máis competitivos no mercado. Iso é o que logrou a empresa Edafotec, unha empresa de base tecnolóxica, logo de solicitar o servizo Protección da Innovación, do programa Re-acciona.
“Eliximos este servizo para desenvolver unha patente”, explica Piergiuseppe Lasandra, “para iso, o axente colaborador analizou o coñecemento que ten actualmente Edafotec. A partir de ahí, detectamos que mellora se necesitaba para poñer en marcha as ferramentas que lograsen a nosa protección intelectual”.
Lasalandra engade que, ademais da patente, grazas ao apoio deste servizo, cofinanciado pola Unión Europea, a empresa implementou un sistema de vixilancia lexislativa, tecnolóxica e da súa competencia.
En Edafotec teñen claro que agora o seu negocio vai estar mellor posicionado no mercado internacional.
Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.