fbpx

Adrián Salgado, de Adrián Salgado, Óptica y Audición: “Estamos creando o departamento de I+D, fundamental para mellorar a nosa competitividade”

Adrián Salgado, de Adrián Salgado, Óptica y Audición: “Estamos creando o departamento de I+D, fundamental para mellorar a nosa competitividade”

A innovación é clave para ofrecer o mellor servizo posible no coidado da saúde visual e auditiva. É algo que teñen moi claro en Adrián Salgado, Óptica y Audición, por iso decidiron solicitar o servizo Asesoramento para o financiamento da innovación de Re-acciona.

Neste caso, a empresa detectou que, nos últimos tempos xurdiron novas necesidades e problemáticas polo feito de que os nenos e as nenas pasan cada vez máis tempo diante dos dispositivos dixitais. “Chegamos a un acordo cunha universidade para a creación de liñas de investigación e era preciso desenvolver un plan a catro anos vista”, explica Adrián Salgado, “foi nese punto cando solicitamos a axuda de Re-acciona para poder financiar a nosa innovación”.

Da man deste programa, cofinanciado pola Unión Europea, a empresa definiu a  estrutura económica do plan e sentou as bases para solicitar axudas fiscais e, deste xeito, facer sostible o proxecto a longo prazo. E o máis importante, conseguiron avanzar no desenvolvemento do seu propio departamento de I+D.

“Agora imos ser máis competitivos, estamos mellor organizados e ofertamos servizos de maior calidade que están axudando a resolver necesidades dos nosos pacientes”, afirma Adrián Salgado.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.