fbpx

Alejandro Castro, de Castro Composites: “conseguimos controlar, en tempo real, os nosos stocks e adoptar mellores decisións”

Alejandro Castro, de Castro Composites: “conseguimos controlar, en tempo real, os nosos stocks e adoptar mellores decisións”

Castro Composites é unha empresa que suministra materiais a diferentes sectores, dende o eólico e o náutico; ata o sector químico e da automoción. Para iso, a firma merca determinados materiais que, nalgúns casos, presentan unha caducidade moi curta.

Neste contexto, non serven os despistes! É necesario ter un control pormenorizado de todos eses materiais. “Estábamos buscando unha ferramenta informática que mellorase os nosos procesos de xestión”, explica Alejandro Castro, “o manexo da nosa tenda en liña estaba separado do noso ERP; e esta situación xeraba unha problemática importante á hora de xestionar os nosos stocks”.

Para darlle solución, Castro Composites solicitou o servizo de Re-acciona Apoio na adopción de solución de xestión empresarial en mobilidade, cofinanciado por AMTEGA. E a partir de ahí, o axente colaborador deulles a solución que necesitaban: “agora temos, a tempo real, un control dos datos que son fundamentais para nós, é dicir, sabemos que lotes poden seguir un tempo máis no almacén, aqueles aos que cómpre dar saída e tamén os que están pendentes de chegar”.

Alejandro ten claro que o axente colaborador de Re-acciona foi quen de identificar as súas necesidades, xa que logrou que os dous sistemas informáticos da súa empresa foran capaces de entenderse: “agora sinto que estamos verdadeiramente dixatalizados. Re-acciona fixo posible ese control”, asegura Alejandro Castro.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.