fbpx

Eva Trillo, de MC Intermodul: “O programa Re-acciona marcou o noso rumbo para dar resposta aos desafíos de futuro”

Eva Trillo, de MC Intermodul: “O programa Re-acciona marcou o noso rumbo para dar resposta aos desafíos de futuro”

Asesoramento especializado para afrontar, en mellores condicións, o día a día da empresa, especialmente, a actividade que desenvolve o departamento comercial.

Esa é a principal necesidade que tiña a empresa MC Intermodul, ubicada en Santiago de Compostela e adicada á fabricación de mamparas divisorias de oficinas.

Para iso, solicitaron o servizo Análise de potencial competitivo do programa Re-acciona: “fixemos unha primeira análise de situación da empresa e, grazas á ferramenta do Power BI, descubrimos os puntos nos que tiñamos que focalizarnos”, explica Eva Trillo.

Por outra parte, Eva engade que agora e empresa ten un maior control sobre a actividade que realizan; en definitiva, Re-acciona foi capaz de marcarlle a MC Intermodul o rumbo que debe seguir para afrontar os desafíos de futuro.

“O feito de contar coa visión externa de persoas profesionais, foi determinante para entender como podíamos facelo mellor”, afirma Eva Trillo, “Re-acciona é unha oportunidade para que as pequenas empresas accedan a servizos de alta calidade con asesores de primeiro nivel”.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.