fbpx

Alberto Vázquez, de Teuvento: “Re-acciona axudounos a posicionarnos por diante grazas a unha mellor planificación da nosa tesourería”

Alberto Vázquez, de Teuvento: “Re-acciona axudounos a posicionarnos por diante grazas a unha mellor planificación da nosa tesourería”

O pasado, o presente e o futuro da competitividade da empresa Teuvento Passivhaus están ligados ao programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea. Así de claro o ten Alberto Vázquez, o Administrador da firma ubicada en Guísamo (A Coruña), que xa foi beneficaria de diferentes servizos.

Desta volta, necesitaban optimizar a súa planificación no aspecto económico e, por iso solicitaron Mellora da xestión financeira e procura de financiamento, do eixo de Profesionalización: “conseguimos enlazar todos os nosos procesos e orientalos na mesma dirección”, destaca Alberto.

Coa axuda do axente colaborador, Teuvento deseñou un cadro de mando completo e, ademais, mellorou a súa aplicación informática de xestión. “Agora levamos dun xeito máis folgado a planificación da nosa tesourería e tamén optimizamos o noso pull bancario”, apunta Alberto Vázquez.

Logo de recibir o servicio de Re-acciona, en Teuvento teñen claro que “entendemos mellor os obxectivos de cada departamento. Facemos equipo e, ao compartir eses obxectivos, todos mantemos o rumbo que máis lle convén á nosa organización”.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.