fbpx

Uxío Novo, da Fundación Uxíonovoneyra: “Re-acciona vainos axudar a manternos na vangarda do sector”

Uxío Novo, da Fundación Uxíonovoneyra: “Re-acciona vainos axudar a manternos na vangarda do sector”

Estar á vangarda non sempre é doado. Por iso, ás veces cómpre repensar o modelo de negocio para seguir avanzando. Iso é o que conseguiu a Fundación Uxiononeyra logo de solicitar o servizo de Re-acciona Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. 

No seu caso, a entidade tiña que facer fronte ao reto de acceder a novas liñas de negocio e tamén á súa transformación dixital. Ademais, a entidade necesitaba adaptar os protocolos de seguridade ao novo contexto provocado pola pandemia.

“O noso sector viuse especialmente afectado pola irrupción da COVID-19, por iso era importante facerlle fronte da man de axuda externa”, explica Uxío Novo, secretario e coordinador da Fundación, ” somos unha entidade cunha diversificación de actividades importante, que vai dende a cultura e o turismo, ata a educación e a posta polo  desenvolvemento rural medioambientalmente sostible”.

Uxío asegura que da man de Re-acciona lograron identificar novas oportunidades e nichos de negocio. Por outra parte “este programa do Igape, cofinanciado pola Unión Europea, permitiunos analizar o contexto externo dende unha óptica diferente á nosa”.

Grazas ao apoido do eixo de Innovación do Re-acciona, a Fundación Uxionovoneyra mantivo unha actitude proactiva ante o momento de cambio que nos tocou vivir: “integramos unha perspectiva innovadora, nun tempo de cambio. Agora temos unha folla de ruta para deseñar e desenvolver determinadas liñas de actividade que non tíñamos antes deste servizo”, afirma Uxío Novo, e engade que “agora imos manternos na vangarda do sector, o que se traducirá nunha mellora da nosa competitividade”.