fbpx

4/11/2021 Queres mellorar o teu negocio co programa Re-acciona COVID-19?

4/11/2021 Queres mellorar o teu negocio co programa Re-acciona COVID-19?

O Igape lanza o programa Re-acciona COVID-19 para axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto económico provocado pola pandemia. Para iso, podes elixir entre 5 servizos.

Para coñecer en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información.

Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.

 

O programa previsto para o XOVES, 4 de novembro, é:

  • 10.00: Benvida

Alejandra Martínez, Departamento Financiero, Asime

  • 10.10: Presentación do programa Re-acciona COVID-19

Eladio Otero García, Subdirector de Desenvolvemento de Negocio, Igape

  • 10.20: Oportunidades de reestructuración financiera

José Otero, Audicon

  • 10.30: Elaboración de planes estratéxicos de internacionalización

Alejandro Castro, CEO, Esquío Ingeniería

  • 10.40: Preguntas
  • 10.50: Fin do evento

 

 

 

Inscríbete