
27 Oct 4/11/2021 Implementación de Metodoloxías e Procesos Acordes coa Economía Circular
O Igape lanza o programa Re-acciona COVID-19 para axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto económico provocado pola pandemia. Para iso, podes elixir entre 5 servizos.
Para coñecer en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información.
Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O programa previsto para o XOVES, 4 de novembro, é:
- Presentación do Programa Re-acciona COVID-19 polo Subdirector de Desenvolvemento de Negocio, IGAPE – Eladio Otero García (13:00 – 13:10)
- Presentación do servizo Implementación de Metodoloxías e Procesos Acordes coa Economía Circular pola Directora Senior de Sostibilidade, VALORA CONSULTORES – Alicia Fernández (13:10 – 13:30)
- Rolda de preguntas (13:30 – 13:40)
- Peche de sesión polo Subdirector de Desenvolvemento de Negocio, IGAPE – Eladio Otero García (13:40 – 13:45)