
19 Oct Conta atrás para a próxima convocatoria do programa Re-acciona!
En que nos vai axudar a innovación empresarial? falar deste concepto implica conseguir solucións inéditas ós nosos problemas, así como satisfacer mellor as necesidades dos nosos clientes. Por outra parte, vainos axudar a diferenciarnos dos nosos competidores e a optimizar os procesos de compra. Por todo isto non hai dúbida de que a innovación é o aspecto fundamental para o desenvolvemento exitoso dun negocio, sexa do sector que sexa.
Unha vez que apostes por este camiño, debes analizar as posibilidades de innovación nos teus procesos e productos ou servizos. Canto máis fiables sexan as fontes das que obteñas información, máis garantías de éxito terás para implmentar medidas innovadoras que realmente funcionen.
O noso propósito é axudarche neste camiño, e imos lanzar unha nova convocatoria do programa Re-acciona, dirixido ás pequenas e medianas empresas de Galicia para que melloren a súa competitividade.
Re-acciona que pivotará sobre:
- Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
- Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
- Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
- Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.
Permanece atent@ á nova convocatoria de Re-acciona!