
13 Oct Juan Fernández, de Keybiological: “Re-acciona vainos permitir acceder a un novo mercado”
O que se está facendo na túa empresa, ten realmente un carácter innovador?
A empresa Keybiological tiña esta dúbida e, a través do servizo Protección da innovación do programa Re-acciona, foi máis alá de resolvela: descubriu se realmente estaba diante de algo patentable.
“O axente colaborador axudounos a superar a barreira do medo”, explica o CEO de Keybiological, Juan Fernández, “grazas a este programa, cofinanciado pola Unión Europea, agora temos unha innovación que protexer; e iso é moi importante para a nosa empresa”. Fernández engade que “o feito de ter esta patente vainos dar acceso comercial a un mercado difernte ao que estábamos”. Ten claro que grazas a Re-acciona teñen por diante un camiño moi ilusionante.
A súa nova patente é PeroxiBiokey, unha materia prima vexetal e ecolóxica que se obtén mediante a difusión controlada de gas ozono filtrado sobre aceites e graxas vexetais. O resultado son aceites peroxidados de alta calidade, con propiedades cicatrizantes e antioxidantes.
Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.