
05 Oct David Romero, de Talleres Rodosa: “Re-acciona foi o soporte fundamental para dar o salto empresarial a unha nova provincia”
A urxencia do día a día en moitos negocios fai que, en ocasións, as pautas de organización queden nun segundo plano. É o que lle aconteu a Talleres Rodosa, que ante a expansión de negocio que quería levar adiante, decidiu solicitar o servizo Análise de cumprimento normativo e riscos legais, do programa Re-acciona.
A empresa comezou a súa andaina como un taller de mecánica e chapa en 1971 en Vigo e ao pouco tempo, xa estaba presentes en Nigrán, Cangas, Ponteareas. O gran paso a outra provincia galega chegoulles da man de Re-acciona.
“Este programa, cofinanciado pola Unión Europea, permitiunos estar presentes nunha provincia completa, a de Ourense”, explica David Romero, de Talleres Rodosa, “o día a día vaite comendo, e o axente colaborador ofreceunos as pautas que necesitábamos para realizar a análise completa que esixía esta decisión de expansión empresarial”.
O crecemento que estaba experimentando a empresa requiría de axuda externa para lograr unha mellor organización: “o axente colaborador ofreceunos unhas pautas moi claras de traballo e de organización. Da súa man, conseguimos levar adiante unha análise moi detallada dos datos, mes a mes, e polo tanto, realizar un seguimento moi pormenorizado para lograr ese crecemento empresarial na provincia de Ourense”.
David ten claro que agora os seus procesos son máis competitivos, ademais conseguiron regular os gastos da empresa.
Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.