fbpx

O venres, 1 de outubro, abre o prazo para solicitar os novos servizos Re-acciona COVID-19

O venres, 1 de outubro, abre o prazo para solicitar os novos servizos Re-acciona COVID-19

Igape pon en marcha a convocatoria dos servizos Re-acciona COVID-19. Este programa, e co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, pretende axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto provocado por la pandemia.

Concretamente, Re-acciona COVID-19 xorde para reforzar a posición de partida dos negocios e para que poidan abordar novos mercados. Por outra parte, o obxectivo é impulsar a súa aposta pola economía circular.

Os novos servizos son:

-Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto da COVID-19 

-Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas

-Análise de mercados internacionais concretos

-Elaboración e implementación de plans estratéxicos de internacionalización 

-Implementación de metodoloxías e procesos acordes coa economía circular

 

Quen pode socilitar os servizos de Re-acciona COVID-19?

As pequenas e medianas empresas, con independencia da súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica. Como mínimo deben contar con 3 persoas traballadoras (inclúese no cómputo socios/as traballadoras).

Ademais, teñen que desenvolver a actividade en Galicia, polo menos, ter un centro de traballo na comunidade. Outro dos requisitos é que a súa facturación no 2020 sexa inferior á do ano anterior, polo menos nun 10%.

O prazo para solicitar estes servizos está aberto dende o 1 de outubro e ata o vindeiro 15 de novembro.

Todos os servizos teñen un custe fixo de 600 euros a aboar polo beneficiario No caso de que o beneficiario poida recuperar o IVE o custe será de 600 eur   + IVE.

Cómpre destacar que cada servizo ten un custe de 10.000 euros. A diferenza entre o custe e o aboado polo beneficiario é o cofinanciamento realizado polo Igape.

Todos os detalles, nas bases publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 30 de setembro de 2021.