fbpx

Carlos Velasco, de Berete: “agora a nosa empresa está máis segura que antes”

Carlos Velasco, de Berete: “agora a nosa empresa está máis segura que antes”

A pandemia disparou os ataques informáticos nas empresas, dende roubos da identidade ata a posta en risco da información importante do negocio.  Son algúns dos perigos que nos últimos meses sufriron algunhas compañías; é o caso de Berete, empresa adicada á comercialización, distribución e elaboración de peixe conxelado, que logo de sufrir un ciberataque decidiu solicitar o servizo de Re-acciona: “estamos asistindo a un cambio de época; antes a ciberseguridade non se tiña en conta pero agora o perigo pode vir de calquera lugar”, explica o director xeral de Berete, Carlos Felipe Troncoso.

No seu caso solicitaron o servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade, incluido no eixo de Dixitalización: “cómpre estar moi atentos: se recibimos un correo electrónico dun cliente hai que fixarse en como está escrito porque a diferenza pode ser nun guión baixo e rápidamente alguén suplanta a túa identidade, pero nalgún momento podes ter un despiste”, explica Carlos Felipe, “o feito de contar co axente colaborador do Igape foi fundamental para nós, foi un servizo fantástico porque agora estamos moito máis seguros”.

O programa Re-acciona permitiulles detectar cales eran as súas carencias. A partir de ahí, púxose en marcha un protocolo de funcionamento para incrementar a seguridade de Berete: “agora estamos moito máis seguros, grazas a este programa cofinanciado pola Unión Europea, o noso foco está máis centrado no negocio”.

Máis información, na canle de YouTube Igape Competitividade.