fbpx

Fernando Resúa, de Esedegal: “Re-acciona aumentou a nosa produtividade e mellorou a xestión da empresa”

Fernando Resúa, de Esedegal: “Re-acciona aumentou a nosa produtividade e mellorou a xestión da empresa”

Tarefas repetitivas que provocan esquecementos, excesos de cargas documentais… é o día a día que se vive en moitas empresas. Pero, que facer para evitar a perda de produtividade nestes casos e optimizar os tempos do noso equipo? Sen dúbida, cómpre implementar un novo sistema de traballo.

É algo que xa conseguiron na empresa de enxeñería Esedegal, ubicada en Santiago de Compostela, e que logrou aforrar ata un 20% das tarefas máis repetitivas. Como? Foi grazas ao servizo Optimización da producción e a cadea loxística, incluido no eixo de Profesionalización do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea.

“O principal beneficio para nós foi o aumento da produtividade no departamento de servizos; era urxente desconxestionalo e conseguímolo”, explica o director de Esedegal, Fernando Resúa, “ademais logramos automatizar as actividades máis repetitivas e implementamos un novo sistema que está xerando unha menor carga de tarefas”.

Fernando ten claro que a clave do éxito deste servizo foi a alta participación do cadro de persoal da súa empresa pero tamén afirma que foi determinante a implicación do axente colaborador de Re-acciona: “sen dúbida, agora a nosa competitividade no mercado é maior. Formar parte deste programa supuxo un impulso para nós un impulso a nivel de calidade”.

Máis información, na canle de YouTube Igape Competitividade.