fbpx

Alberto González, de Alén Space: “Re-acciona deunos as ferramentas necesarias para resolver os problemas dos nosos clientes”

Alberto González, de Alén Space: “Re-acciona deunos as ferramentas necesarias para resolver os problemas dos nosos clientes”

Deseñar e lanzar novos produtos ao mercado sempre implica riscos; por iso, ir da man dun axente experto na materia facilita o proceso.

En Alén Space, unha empresa adicada áo deseño e fabricación de pequenos satélites, non dubiraron en solicitar o apoio do programa Re-acciona: “estamos desenvolvendo un novo produto orientado a pequenos satélites, concretamente, para misións de satélites dun tamaño reducido”, explica o director de tecnoloxía da firma, Alberto González, “este novo produto facilitará a implantación de novas aplicacións de comunicación e de procesado de imaxes. En realidade é unha evolución do que hoxe en día é ordenador de a bordo a un sistema con tecnoloxías máis modernas, o que vai permitir desenvolver misións a menor custe”.

Da man de Re-acciona e do servizo Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores, Alén Space logrou as ferramentas necesarias para levar adiante unha innovación máis metódica e o máis importante, logo de recibir o servizo, puideron achegarse aos problemas reais dos seus clientes: “no mundo tecnolóxico non resulta tan obvio que o que estás facendo é realmente útil, xa que moitas veces desenvolvememos procesos sen coñecer realmente cal vai ser a súa utilidade”, explica Alberto, “polo tanto, con Re-acciona empezamos pensando primeiro que é o que temos que resolver e a partir de ahí, todo xira ao redor da solución dese problema”.

Máis información, na canle de YouTube Igape Competitividade.