fbpx

Paula Sande, de ATEGAL: “Con Re-acciona aumentamos o tráfico á web e recibimos novas chamadas de persoas interesadas nas nosas actividades”

Paula Sande, de ATEGAL: “Con Re-acciona aumentamos o tráfico á web e recibimos novas chamadas de persoas interesadas nas nosas actividades”

Atraer, captar, vender e fidelizar aos clientes. Ese é o obxectivo que persegue o tecido empresarial e para poder conseguilo con éxito, o marketing dixital xoga un papel determinante. É algo que saben moi ben en ATEGAL, unha entidade de formación sociocultural para persoas adultas de 55 ou máis anos en Galicia.

Eles solicitaron o servizo Deseño dunha estratexia de marketing de contidos e o resultado non puido ser mellor: “Agora coñécennos máis”, afirma a directora de ATEGAL, Paula Sande, e engade que “cada semana recibo novas chamadas de persoas interesadas polas nosas actividades”.

Grazas ao servizo de Re-acciona, ATEGAL ten unha maior presenza nas redes sociais e conseguiu aumentar o tráfico á súa páxina web. Todo isto supón que os seus proxectos e as súas actividades están saíndo á luz doutro xeito; en definitiva, a súa comunicación mellorou. “Cando non sabes facer as cousas é moi importante ser valentes e pedir axuda. Pensar en marketing dixital dábanos medo, pero a verdade é que todo foi moi doado porque houbo moita imaxinación e moito coñecemento por parte do axente colaborador”, subliña Paula Sande.

Da man do servizo de Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, ATEGAL logrou adaptarse aos novos tempos e deron o salto do analóxico ao mundo dixital. Paula ten claro que a clave do éxito foi o compromiso por parte do equipo de Re-acciona: “souberon escoitarnos, agora somos quen de falar ao noso público no seu idioma, nunha linguaxe que verdadeiramente lles chega”.

Máis información, na canle de YouTube Igape Competitividade.