fbpx

Elías Rozas, de Pedra Salgada: “Máis alá de lograr a certificación, Re-acciona mellorou a organización da empresa, o que redundará na nosa conta de resultados”

Elías Rozas, de Pedra Salgada: “Máis alá de lograr a certificación, Re-acciona mellorou a organización da empresa, o que redundará na nosa conta de resultados”

Mellorar a oferta que presta unha empresa esixe, ás veces, levar adiante un proceso de revisión no que interveña un axente externo. Así de claro o tiveron en Pedra Salgada, unha compañía adicada á prestación de servizos de limpeza ubicada en Santiago de Compostela.

O seu director xeral, Elías Rozas, decidiu solicitar o servizo Preparación de procesos certificables, incluído no eixo de Profesionalización do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea. “Co paso do tempo adquires certos vicios que limitan a eficiencia da túa empresa. Tendo isto en conta, o axente colaborador revisou o noso xeito de traballar, mantivemos varias reunións e identificou os erros que estábamos cometendo; a partir de ahí, melloramos o noso funcionamento e isto vai repercutir, de forma evidente, na nosa conta de resultados”, explica Elías Rozas, de Pedra Salgada, “todo isto foi posible porque dende o primeiro momento se interesan por como funcionas”.

Por outra parte, a través do programa Re-acciona, a empresa logrou a certificación ISO 9001 que acredita que os seus procesos cumpren cunha norma de calidade a nivel internacional: “vivimos nun contexto disruptivo no que a hixiene e a limpeza son fundamentais. Polo tanto, o feito de contar cunha certificación vai ser moi positivo para nós, xa que entre outros aspectos, vainos axudar á hora de presentarnos a determinados concursos públicos”.

Ademais, a ISO 9001 mellora os niveis de satisfacción dos clientes, aumenta a taxa de fidelización e aumenta a competitividade no mercado, entre outros beneficios.

O director xeral de Pedra Salgada, Elías Rozas, non ten dúbidas: “imos aproveitar o proceso de certificación como un proceso de mellora xeral na nosa empresa”.

Máis información, na canle de YouTube Igape Competitividade.