fbpx

Carlos Alberto Balboa, de Comida rápida, sana y barata: “con Re-acciona avanzamos no camiño da Industria 4.0 no sector da alimentación”

Carlos Alberto Balboa, de Comida rápida, sana y barata: “con Re-acciona avanzamos no camiño da Industria 4.0 no sector da alimentación”

Non hai dúbida! O tecido empresarial galego aposta pola innovación. É posible poñer en marcha unha máquina automática para facer comida as 24 horas durante os sete días da semana?

Pois esa é a idea que vai patentar a empresa “Comida rápida, sana y barata”. Unha proposta innovadora que levou ao seu responsable, Carlos Alberto Balboa, a solicitar o apoio dun dos servizos de Re-acciona, concretamente, o de Asesoramento para o financiamento da innovación:Trátase dun asistente de cociña que leva implicados unha serie de conceptos de robotización e de Industria 4.0”, explica Carlos Alberto.

A súa experiencia co servizo de Re-acciona foi moi satisfactoria: “O axente colaborador deste servizo, cofinanciado pola Unión Europea, e do eixo de Innovación, axudounos a entender os camiños polos que podemos estar máis cómodos desplegando a nosa proposta”.

O CEO de Comida rápida, sana y barata, Carlos Alberto Balboa, destaca ademais que “o servizo axudounos a comprobar que estábamos no camiño acertado. Realizamos un traballo de síntese da man de verdadeiros profesionais que nos aportaron as ferramentas que precisábamos”.

Sen dúbida, ábrense grandes oportunidades de futuro para esta empresa grazas á súa aposta pola innovación. De feito, Carlos Alberto ten moi claro os beneficios que poden conseguir da man da súa idea: “se conseguimos levar adiante todo o temos deseñado, estou plenamente convencido de que nos imos situar nunha posición moi cómoda”.

Máis información, na canle de YouTube Igape Competitividade.