
27 Jul Antonio Rodríguez, de Aba Sacra: “agora ofrecemos unha mellor imaxe de marca e melloramos a xestión das nosas redes sociais”
Ninguén dubida xa da necesidade de contar cunha páxina web e de perfís nas redes sociais para que un negocio obteña mellores resultados.
Por iso, para profesionalizar este aspecto e darlle un impulso á súa presenza na internet, a empresa de turismo Aba Sacra, ubicada na localidade lucense de Sober, decidiu solicitar o servizo de Relanzamento comercial, do programa Re-acciona. “Tiñamos varias webs e todo estaba moi mesturado, así que necesitábamos facer unha análise en profundidade para mellorar este aspecto”, destaca Antonio Rodríguez.
Por outra parte, Aba Sacra tamén necesitaba axuda e apoio externo para mellorar o seu logotipo. De feito, da man do programa Re-acciona conseguiron un novo.
O resultado foi moi satisfactorio e Antonio non dubida á hora de destacar os beneficios que obtivo da man de Re-acciona: “agora estamos ofrecendo unha imaxe de marca única e temos máis controladas as redes sociais. En definitiva, chegamos mellor aos nosos posibles clientes. Todo isto redunda, sen dúbida, nunha maior competitivdade”.
Dende Aba Sacra destacan tamén o contacto permanente que mantiveron co axente colaborador do programa Re-acciona ao longo deste servizo de “Relanzamento comercial”: a técnica encargada da nosa empresa estivos empre en contacto con nós, foi unha epxereincia maravillosa que eu lle recomendó a todo o mundo”.
Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.