fbpx

Fernando Pérez, de ASEMEGA: “Re-acciona permitiunos avanzar no camiño da dixitalización e manter a atención aos clientes na pandemia”

Fernando Pérez, de ASEMEGA: “Re-acciona permitiunos avanzar no camiño da dixitalización e manter a atención aos clientes na pandemia”

Atender aos clientes dun xeito alternativo ao medio físico converteuse nunha das principais preocupacións do tecido empresarial durante a pandemia.

Neste sentido, ASEMEGA, unha asesoría ubicada na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, conseguiuno logo de solicitar o servizo Apoio na adopción de solucións dixitais en mobilidade, do programa Re-acciona.

“Queríamos dar un paso máis, no que por certo, xa levábamos tempo pensando: abrir novas canles de comunicación cos nosos clientes. De repente, chegou a covid-19 e nese momento tomamos a decisión de solicitar un dos servizos do programa Re-acciona, incluido no eixo de Dixitalización”, explica o CEO de ASEMEGA, Fernando Pérez.

A partir de ahí, a asesoría de Caldas de Reis (Pontevedra) conseguiu integrar no seu día a día Microsoft Teams, unha ferramenta que tamén lles permitiu realizar reunións de xeito virtual e evitar os desprazamentos. Ademais, o programa Re-acciona supuxo para ASEMEGA dar un paso no camiño da innovación: “o Igape e a consultora colléronnos da man para dar ese salto dun xeito menos traumático. Estivemos respaldados durante todo o proceso”, explica Fernando Pérez.

En pouco tempo, a empresa adaptouse á nova situación provocada pola emerxencia sanitaria e tamén mellorou a súa relación cos clientes, grazas ao impulso das novas tecnoloxías no negocio. Neste sentido, Fernando Pérez apunta que “eu xa noto que estamos avanzando moito máis rápido que o resto do noso sector. Hai que vencer ese medo aos cambios, en definitiva, ser valentes”.

Máis detalles, na canle de YouTube Igape Competitividade.