
22 Jun Traballo en equipo, por que se conseguen mellores resultados?
O ámbito laboral vai, con máis forza que nunca, cara a modernización e a especialización. O aumento da complexidade nas tarefas que se realizan nas empresas conleva tamén unha constante revisión dos mecanismos, das ferramentas e dos procesos. Neste contexto gaña terreo o traballo grupal, que axuda a impulsar o potencial dos traballadores e permite conseguir os obxectivos dos proxectos en mellores condicións. O traballo en equipo non é novo e ofrece varias vantaxes competitivas. Entre elas atopamos:
-O aumento da creatividade e a facilidade de cara á aprendizaxe que aporta aos traballadores máis novos.
-A creación de novas fortalezas nos proxectos, xa que mesturando traballadores de diferentes áreas conseguimos un equipo de traballo que domine un maior número de ámbitos e ademais, de mellor maneira.
-A redución do estrés no cadro de persoal: A isto axudan as relacións interpersoais que se desenvolven co traballo en equipo, xa que permite aos traballadores sentirse máis respaldos e cunha responsabilidade compartida, tanto nos acertos como nos posibles erros.
–Mellora a comunicación na empresa, axudando deste xeito a que se posúa unha maior coordinación, incluso entre diferentes departamentos xa que nun mesmo equipo de traballo para un único proxecto, existirán traballadores de diferentes áreas. Esta característica remata converténdose en fundamental, xa que acaba construíndo un negocio moito mellor vertebrado e máis áxil que o anterior.
–As decisións tomadas en conxunto aumentan a aceptación por parte dos traballadores, ao consideralas maioritariamente máis xustas. Este feito non soamente se percibe na aceptación das decisións, senón tamén no aumento do compromiso e na creación dun sentimento de pertenza, que serve para unha maior implicación, produtividade e compromiso dos traballadores.
Por último, cabe mencionar que para explotar ao máximo esas vantaxes debe existir por parte da dirección da empresa unha vontade que se cristalice na creación de mecanismos encamiñados a potenciar esas boas costumes. Neste sentido a empresa dende o momento no que pretende aumentar o traballo en equipo debe prever con que mecanismos potenciará:
-A construción dun ambiente afable, de confianza e de autonomía nos seus traballadores
-O deseño de obxectivos comúns para os equipos de traballo e os proxectos nos que se implementarán.
-Potenciar o sentimento de pertenza que se desenvolva cara a institución
-Favorecer a comunicación entre traballadores, managers e diversos departamentos.
-Celebrar e recoñecer os éxitos que se conquisten.