22 Jun DÚBIDAS SOBRE O PROGRAMA RE-ACCIONA COVID-19
O Igape ten aberto o proceso de selección das entidades colaboradoras que xestionarán o Re-acciona covid-19, o programa que ofrecerá servizos de asesoramento especializado ás empresas galegas para que poidan adaptarse ao novo contexto económico.
Se es unha entidade colaboradora interesada en xestionar o programa e tes dúbidas ao respecto, podes consultar AQUÍ as dúbidas.
Para coñecer os requisitos que deben cumprir as entidades colaboradoras, o Igape celebrou unha xornada informativa.
Na nosa canle de YouTube ver o contido da cita virtual Requisitos entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19.
Os detalles deste procedemento de selección das entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19 tamén están publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG).