
15 Jun Que beneficios lle aporta á miña empresa introducir un servizo de VPN?
A meirande parte da información empresarial móvese de xeito dixital, o que xera problemáticas como casos de hackeo e de extorsión, chantaxe ou simplemente de ataque a empresas coa intención de roubar información pola que pedir posteriormente un rescate ou, simplemente, coa intención de filtrar documentos sensibles para a imaxe da empresa.
Ante estes perigos, dende Re-acciona queremos aportar unha solución mediante a posta en valor dos servizos de VPN, que consisten na creación dunha rede privada virtual que blinda a información do teu negocio, negándolle a posibilidade de entrada aos demais usuarios de internet, deste xeito conséguese a creación dunha especie de rede local a través de internet.
Agora ben, cales son os beneficios que pode aportar unha VPN ás empresas? Podemos comezar falando da tranquilidade que proporcionan a traballadores e empresarios, xa que as VPN aumentan a seguridade das conexións mediante unha maior calidade do cifrado de datos que se transmiten, reducindo así a probabilidade do roubo da información almacenada.
Outro dos beneficios que nos aportan é o aumento da privacidade das búsquedas realizadas a través delas, xa que estas redes virtuais dificultan a labor dos rastreadores web e das diversas cookies propias de cada páxina, que se van encargando de recoller e analizar o noso rastro de navegación. Coa implementación destes servizos, tamén dificultamos que se rastrexe a pegada que deixa a empresa na rede.
O terceiro punto forte destas ferramentas é a posibilidade que ofrecen de saltarnos certos bloqueos rexionais, xa que as VPN permítennos modificar artificialmente a nosa posición xeográfica, conseguimos deste xeito acceder a información dispoñible en outros países que en España pode estar bloqueada.
Por último, as VPN aportan un beneficio para aquelas empresas que contan con máis dunha sede, as VPN ofrecen unha solución vital xa que lles permite a creación dunha rede local a través de internet na que todos os traballadores de todas as sedes poden acceder a información das demais sedes, as súas impresoras, etc. Deste xeito, un traballador de Vigo podería acceder a todos os documentos cargados en dita rede pola sede de Barcelona, coa tranquilidade de que a conexión está limitada aos equipos autorizados polo administrador da VPN. Isto aporta unha vantaxe enorme e un aforro de custos, de tempo e unha mellora da produtividade.
En canto as desvantaxes propias destas VPN citamos dúas: por unha banda, estes sistemas dependen da calidade de conexión que o teu negocio teña, xa que se a calidade non é a idónea pode provocar ralentizamentos na velocidade da mesma e converter a medida en algo nocivo para a produtividade do negocio. Por outra banda, non todos os dispositivos son compatibles de xeito nativo con este tipo de redes, pero como contrapunto, a nivel profesional existen ferramentas de terceiros que solucionan este tipo de problemas de compatibilidades coas VPN.
En definitiva, unha boa inversión en seguridade en liña, pode rematar mellorando a produtividade do negocio, ademais de aforrar cdisgustos derivados de ataques provocados por hackers e demais ciberdelincuentes.
Nun escenario tan cambiante como o actual, o programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, axiña che ofrecerá apoios para avanzar neste camiño. Permanece atent@ á nosa web!