fbpx

O teletraballo, ventaxas e riscos da nova forma de relacionarnos coa empresa

O teletraballo, ventaxas e riscos da nova forma de relacionarnos coa empresa

A pandemia trouxo consigo numerosos cambios, entre eles, a redución do uso do transporte público, a modificación das formas de relacionarnos ou a chegada, case a marchas forzadas, do teletraballo ás empresas que aínda non apostaban por esta opción. A Organización Internacional do Traballo define o teletraballo como aquela forma de traballo que se realiza a distancia das oficinas centrais da empresa, habitualmente nos domicilios dos propios traballadores.

Pero, que vantaxas ofrece o teletraballo? A súa instauración é beneficiosa para os empregados pero tamén para a empresa, xa que con este xeito de traballar reducimos os custes que conleva o traballo presencial; podemos obter unha mellor selección dos candidatos, xa que desaparece a limitación xeográfica á hora de contar con un mellor traballador. Por outra parte, favorece a retención do talento e cambia a lóxica de funcionamento das organizacións, mellorando a produtividade, posto que os traballadores pasan a priorizar unha serie obxectivos por proxecto ou tarefa, multiplicando así o seu rendemento.

O teletraballo tamén aumenta o nivel de felicidade dos traballadores, e a súa satisfacción coa empresa. Entre estes beneficios a redución do estrés que supoñen os atascos ou a mellora da situación en canto a conciliación laboral e familiar. Cabe resaltar que a instauración do teletraballo aporta beneficios medioambientais, xa que reduce considerablemente a emisión de contaminantes ao haber menos desprazamentos nos vehículos.

Con todo, unha mala posta en marcha do teletraballo pode conlevar males como a dificultade de desconexión por parte dos traballadores, a redución das relacións interpersoais ou a dificultade do traballao en equipo. Por iso é importante facilitar e incentivar medidas que se centren en evitar a creación destas eivas, para que a chegada do teletraballo á túa empresa sexa un éxito e a faga máis produtiva e máis competitiva.

Nun escenario tan cambiante como o actual, o programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, axiña che ofrecerá apoios para avanzar na dixitalización e na mellora do teletraballo. Permanece atent@ á nosa web!