
07 Jun 18/06/2021 Como reduzo o risco de ciberataques na era dixital?
Posted at 10:18h
in Eventos
A próxima convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O programa previsto para o venres, 18 de xuño, é:
12:30 horas. Benvida representante Igape
12:35 horas. Experiencia Kusilas
María José Cousillas
12:50 horas. Servizo: Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade
Juan Lemos e Paz Cariñena, de Dooing It
13:00. horas. Preguntas