
03 Jun 11/06/2021 Requisitos entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19
Posted at 09:26h
in Eventos
O Igape ten aberto o proceso de selección das entidades colaboradoras que xestionarán o Re-acciona covid-19, o programa que ofrecerá servizos de asesoramento especializado ás empresas galegas para que poidan adaptarse ao novo contexto económico.
Para coñecer os requisitos que deben cumprir as entidades colaboradoras, o Igape celebra unha xornada informativa o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 13 horas.
Os detalles deste procedemento de selección das entidades colaboradoras do programa Re-acciona covid-19 tamén están publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O programa previsto para o venres, 11 de xuño, é:
13 horas. Benvida representante Igape
13:30. horas. Preguntas